Informativo Galicia 7:45 - 02/03/26
Nova folga médica, neste caso convocada polos médicos de primaria galegos. Pese ás negociacións dos últimos días coa consellaría, o paro segue adiante polo que as súas citas nos centros de saúde poden verse alteradas.
A semana comeza tamén marcada polos encontros que manterán tanto o presidente da Xunta como a líder do BNG en Bruxelas co comisario europeo de Agricultura. Trasladarán as dúbidas e preocupacións do agro galego ante o acordo da Unión con Mercosur.
No transporte, unha incidencia na infraestrutura ferroviaria que afecta á estación Padrón-Barbanza leva a Renfe a manter desviado desde este domingo a circulación de trens de Media Distancia, e a establecer un plan alternativo de transporte por estrada entre a estación do municipio coruñés co pontevedrés de Vilagarcía de Arousa. A entidade pública non detallou o motivo da incidencia nin en canto tempo prevé solucionala.
Deportes, boa fin de semana para Celta e Depor, os dous equipos ganaron os seus partidos deste domingo