Galicia InformativosInformativo Galicia 7:45 - 02/01/2602/01/2026
Informativo Galicia 7:45 - 02/01/26
O ano comeza con subas nas peaxes de Galicia: desde a pasada medianoite circular pola AP-9 é máis caro, cun incremento medio de case un 5 por cento, que nalgúns tramos chega mesmo a superar o 7. A autopista do Atlántico está entre as que máis aumentaron as tarifas en todo o Estado.
E balance político do 2025: o presidente da Xunta escolleu o Museo de Pontevedra para o tradicional discurso de fin de ano, no que reivindicou a acción do seu goberno. Pola contra, BNG e PsdG consideran que o presidente da Xunta demostrou que está lonxe da realidade.
O tempo...Quedamos na influencia dunha borrasca situada ao oeste de Portugal. Deste xeito, teremos un día inestable con chuvia intermitente