Noticias de Galicia en Radio Nacional y Radio 5 de Rtve
A Xunta volve ter o control da emerxencia derivada do apagamento eléctrico. É a última hora que deu a coñecer o presidente Rueda nunha comparecencia celebrada hai uns minutos. É a consecuencia da mellora da situación, co suministor eléctrico totalmente recuperado e o servizo ferroviario reanudado.
Iso si, as complicacións derivadas do corte de luz deixan 6 falecidos na nosa comunidade, segundo informou a Xunta. Tres deles por intoxicación de monóxido de carbono.
Ata as 8 repasamos os efectos deste apagamento eléctrico en Galicia
Antes comentar tamén que esta tarde un incendio nunha nave no peirao de Sada chamou moito a atención dos veciños pola gran fumarada que está a saír das instalacións. Os bombeiros xa se desprazaron ata o lugar pra intentar apaga-las lapas. En principio semella que só hai danos materiais.