Galicia InformativosInformativo Galicia 19:50 - 27/05/2528/05/2025
Noticias de Galicia en Radio Nacional y Radio 5 de RTVE
Podía ser hoxe o día que se oficializase o galego na Unión Europea, pero as reticencias de varios países adiaron a decisión. O goberno central non tira a toalla e anuncia que seguirá as conversas.
Mentres en Galicia hoxe escoitamos a comparecencia de Concepción Pombo, candidata a dirixir a CRTVG. Pombo pediu o apoio dos grupos pero a oposición avanzou o seu voto en contra.
No xudicial, o Constitucional resolverá o recurso de Pontevedra polo proceso da prórroga de Ence. A pasteira non se amosa especialmente inquieta.