Galicia InformativosInformativo Galicia 19:50 - 24/06/2524/06/2025
Noticias de Galicia en Radio Nacional y Radio 5 de RTVE
Pendentes este martes do pleno do Parlamento. A denuncia ó ex conselleiro Alfonso Villares, o concerto económico e 36 millóns de euros pra incorporación dos mozos ó rural centran a sesión.
Polémica ademais a conta do peche de camas hospitalarias no verán. Malia ás queixas da plataforma en Defensa da Sanidade Pública e os sindicatos, a consellería reitera que estarán todas dispoñibles se a demanda o require.
Polo demais, activo un incendio forestal no concello lucense de Quiroga, na parroquia de Quintá de Lor. Segundo Medio Rural, leva arrasadas entre tres e catro hectáreas.