Galicia InformativosInformativo Galicia 19:50 - 22/04/2522/04/2025
Noticias de Galicia en Radio Nacional y Radio 5 de Rtve
Conta atrás pro debate sobre o estado da autonomía que comeza mañá no Parlamento. Autogoberno, sanidade e educación serán algúns dos eixos do discurso do presidente da Xunta. Alfonso Rueda tamén anunciará, previsiblemente, novas iniciativas en materia de vivenda e porá énfase no emprego e as políticas industriais.
A oposición pídelle que se centre nos problemas reais da cidadanía e que acoda con vontade de diálogo.
Todo isto nun día cunha nova operación contra o narcotráfico en Vigo, con 150 quilos de cocaína incautados.