Noticias de Galicia en Radio Nacional y Radio 5 de Rtve
Altri conta xa co informe ambiental positivo para a planta de celulosa que ten intención de instalar en Palas. Desde a empresa portuguesa e desde a Xunta agora piden ao Ministerio de Transición Ecolóxica que acceda a autorizar a subestación eléctrica solicitada pró transporte de enerxía que a fábrica necesita.
O informe ambiental postivo da Xunta alporiza aos que se opoñen á celeulosa, tanto políticos como colectivos sociais. Non van agardar a manifestación prevista para o día 22 para visibilizar a súa oposición, o domingo xa o van facer na Feira do Queixo de Arzúa.
Na política, Ferraz confirmou a expulsión do PSOE dos catro concelleiros díscolos de Santiago que anuncian que recorrerán na xustiza ordinaria.