Galicia InformativosInformativo Galicia 19:50 - 12/12/2512/12/2025
Informativo Galicia 19:50 - 12/12/25
Dimite a secretaria de igualdade do PSdG, Silvia Fraga. Unha renuncia que comunicou esta tarde, na reunión da Comisión Executiva Nacional, ó parecer por desencontros coa direción do partido na xestión do caso Tomé. Non é a única nova da tarde sobre este caso, vén de comparecer hai uns minutos o secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro, que admitiu que xa en outubro escoitou rumores do acoso sexual do que se lle acusa ó alcalde de Monforte. Todo isto na mesma xornada na que Tomé formalizou a súa renuncia como presidente da Deputación de Lugo