Galicia InformativosInformativo Galicia 19:50 - 12/02/2612/02/2026
Informativo Galicia 19:50 - 12/02/26
Pesar en Galicia tras o falecemento de Xesús Alonso Montero, unha das grandes figuras da cultura galega contemporánea, que morreu hoxe aos 97 anos. Ensaísta, catedrático e expresidente da Real Academia Galega, dedicou a súa vida á defensa e ao estudo da lingua.
E seguimos atentos ás consecuencias da borrasca Nils. Mantéñense desvíos por desprendementos na Autovía do Morrazo e na AG-57, mentres continúan os traballos de limpeza e conservación. Arestora, o corte máis grave afecta á A-6 en Baralla, con trece quilómetros pechados ao tráfico.