Galicia InformativosInformativo Galicia 19:50 - 09/12/2509/12/2025
Noticias de Galicia en Radio Nacional y Radio5 de RTVE
Os médicos saíron hoxe á rúa na que é a primeira xornada de folga a nivel estatal. Segundo o Sergas, na quenda de tarde o paro non chegou ó 5% mentres que o sindicato Omega falaba pola mañá dun 80%.
Hai novas tamén no económico, o BNG non tardou en reaccionar ante a aprobación no consello de ministros da condonación da débeda ás comunidades. O bloque implóralle á Xunta que facilite a súa tramitación no Congreso
E segue de actualidade a xestión das poboacións de xabaril, especialmente ante o avance da peste porcina. As organizacións agrarias advirten: a caza non pode ser a única solución