Moi boa tarde.
Extinguido o incendio que se declarou a primeira hora da tarde en Pantón, na provincia de Lugo. Queimou 0,1 hectáreas, pero obrigou a cortar a circulación ferroviaria entre Ourense e Monforte. Podería ser unha reprodución do que calcinou 1.800 hectáreas en setembro. Xa hai autorización para reanudar a tensión da catenaria, polo que volverán circular os trens.
Esta tarde coñecimos ademais as listas de agarda na Sanidade. Aumenta a 69 días a espera media para unha cirurxía en Galicia. Son datos do primeiro semestre e que supoñen un incremento de dous días con respecto ó final de 2024.
Polo demais, hoxe escoitamos os testemuños en primeira persoa de Sandra Garrido e Manu López, os galegos retidos por Israel.
E estivemos na protesta dos traballadores de Ryanair en Santiago, que anuncian folga pro día 20.