Galicia Informativos Informativo Galicia 19:50 - 09/02/2609/02/2026

Informativo Galicia 19:50 - 09/02/26

Os sindicatos maioritarios desconvocan a folga de Renfe prevista para os dous días restantes, martes e mércores, tras o acordo acadado esta tarde entre os sindicatos e o Ministerio. Con todo, a xornada de hoxe estivo marcada por cancelacións e atrasos en distintas estacións.

E nova mobilización do persoal médico de urxencias. Denuncian sobrecarga de traballo e dous anos sen negociación co SERGAS. Houbo protestas en hospitais das catro provincias e advirten de novas accións se non hai avances mañá na Mesa Sectorial de Sanidade.

Galicia Informativos
Más opciones