Galicia Informativos Informativo Galicia 19:50 - 09/01/2609/01/2026

Boa tarde.

O debate polo novo modelo de financiamento autonómico centra hoxe boa parte da axenda política. O Goberno central cuantifica en 580 millóns de euros anuais o incremento de recursos para Galicia, o que situaría á comunidade entre as máis beneficiadas pola proposta.

A Xunta, polo de agora, evita valorar o fondo da oferta, pero critica que se presente sen diálogo previo e despois do acordo bilateral con Cataluña.

E no ámbito sanitario, contratempos legais para o Sergas. Un xulgado de Santiago anula o programa que outorga contratos de tres anos a todos os médicos que rematan o MIR, ao considerar que discrimina profesionais con máis antigüidade e sen praza.

A sentenza, aínda non firme, sostén que se vulneran os principios de igualdade, mérito e capacidade.

Galicia Informativos
Más opciones