Galicia InformativosInformativo Galicia 19:50 - 07/01/2607/01/2026
Boa tarde.
A autovía da Costa da Morte chegou a Baio e Vimianzo no verán de 2016 coa promesa de continuar ata Camariñas. Hoxe, case dez anos despois, a Xunta anunciou a licitación dos cinco quilómetros pendentes, aínda que non como autovía, senón como corredor, unha decisión que os socialistas critican por considerala propaganda electoral do PP.
Mentres, o BNG alerta do colapso da sanidade pública, con PAC e urxencias saturadas.
E no eido económico, arrancan hoxe as rebaixas de inverno con optimismo no comercio, aínda que sen persoal e con protestas na Coruña polo convenio estatal.