Galicia InformativosInformativo Galicia 19:50 - 06/06/2506/06/2025
Noticias de Galicia en Radio Nacional y Radio 5 de RTVE
Non bastaron 5 horas de reunión pra poder chegar a algún acordo na conferencia de presidentes. Alfonso Rueda cre que só serviu pra sacar a foto. O seu NON ás medidas en materia de vivenda propostas polo goberno central non foi tan categórico como o de outras comunidades do PP, mais mantense en que as posturas seguen alonxadas. Rueda sumouse tamén á petición de adianto electoral que levaron en conxunto os baróns populares.
E non estaba previsto pero na rolda de prensa tra-la conferencia, preguntáronlle polo ex-conselleiro Villares, investigado por presunta agresión sexual. Dixo que non o apoia como denunciado, e mandou unha mensaxe de apoio ás vítimas de violencia machista.