Galicia InformativosInformativo Galicia 19:50 - 04/12/2504/12/2025
Saúdos, moi boa tarde.
Manifestación en Defensa da Sanidade Pública arestora en Vigo. Nun día no que preocupan as informacións sobre o grupo Ribera Salud e as posibles prácticas para aumentar as listas de agarda e as facturas coas administracións. O BNG pedirá explicacións á Xunta no Parlamento. O grupo xestiona, entre outros, o hospital Povisa na cidade olívica.
Por outra banda, ante a previsión de chuvias para os próximos días, a Xunta mantén activo o plan por risco de rebordamentos. Actualmente está en seguimento o río Cambeda, ó seu paso polo concello de Vimianzo, e o río Cádavo, en Fene. Os dous na provincia da Coruña.
Comezamos.