Galicia InformativosInformativo Galicia 19:50 - 03/12/2503/12/2025
Saúdos, moi boa tarde.
Desconvocada a folga de enfermeiros e fisioterapeutas prevista para mañá xoves. O sindicato SATSE acadou hoxe un pacto coa consellaría que mellorará a estabilidade laboral dos traballadores.
Si protestaron este mércores as traballadoras do servizo de axuda no fogar e residencias de maiores. Pecháronse en Vigo, Santiago e Lugo ata última hora da tarde. Piden que a patronal sente a negociar os convenios.
E o gromo de peste porcina leva á Xunta a reforzar a caza do xabaríl nas comarcas con máis explotacións de porcos.