Galicia Informativos Informativo Galicia 19:50 - 02/05/2502/05/2025

Informativo Galicia 19:50 - 02/05/25

O apagamento do luns segue no centro do debate político... O líder do PP, Alberto Núñez Feijoo pedía hoxe na Estrada unha auditoría independente internacional pra coñecer o porqué do corte de luz que deixou España a escuras. O presidente da Xunta, pola súa parte, aféalle ao goberno que non declarase de oficio o nivel 3 da emerxencia.

Tamén segue a dar que falar a celulosa de Altri. A Plataforma Ulloa Viva alerta de que houbo un cambio nos valores contaminantes da planta antes de que Augas de Galicia realizase a súa avaliación favorable, algo que a consellería de Medio Ambiente vén de negar

Galicia Informativos
Más opciones