Confirmadas as condenas de entre 20 e 24 anos para os tres principais autores da malleira que acabo coa vida de Samuel Luiz, no ano 2021 na Coruña.
A sentenza do Supremo pon fin ó proceso xudicial...Para a Asociación Alas Coruña, que exerceu como acusación popular, ratifica o recoñecemento dos delitos de odio.
O Pleno do Concello da Coruña debate hoxe os presupostos pra 2026. Sairán adiante cos votos do PSOE e o BNG, que este luns presentaron o acordo dunhas contas que ascenden a máis de 375 millóns de euros.
O pleno de Santiago desbloquea só unha pequena parte das facturas pendentes a provedores - por valor de 367 mil euros-. Volve rexdeitar, e xa é a cuarta vez, o pagamento das débedas coa empresa Viaqua, en total, preto dun millón de euros.
Detectados novos casos de gripe aviaria en aves silvestres na provincia. Foron localizadas tres gaivotas pati-amarelas, que deron positivo, nos concellos coruñeses de Ribeira, Ares e Oleiros.