Galicia Informativos Informativo A Coruña 8:45 - 29/12/2529/12/2025

Bo día, o concello de Santiago tentará que o pleno autorice o pago de facturas pendentes por valor de 1,3 millóns, antes de que remate o ano.

Hoxe serán levadas votadas por cuarta vez, nunha sesión extraordinaria, na que o PP anunciou, condicionará o seu voto ó informe encargado ó secretario municipal.

O parque de bombeiros de Ferrol chegou a ter catro bombeiros dun mínimo de sete, esta fin de semana. O persoal négase a facer horas extra ata que o Concello non avance na cobertura de máis prazas

Os traballadores de Industrias Losán, en Curtis, a segunda madeireira de Galicia, concentraranse ÁS DEZ diante do SMAC de Coruña ante o impago reiterado de nóminas e a ausencia de certezas sobre a continuidade da empresa.

Nos Deportes, vitoria no baloncesto do Monbus Obradoiro ante o Leyma Coruña por 103 a 99. O conxunto santiagués suma neste derbi a seu undécimo triunfo seguido; o líder da Primeira FEB, cae por vez primeira esta temporada.

Galicia Informativos
Más opciones