Informativo A Coruña 8:45 - 27/02/26
MUltitudinario apoio en Ferrol ós bombeiros do concello...
"Todos somos Polo", en alusión ó bombeiro que sufriu a amputación dunha perna no incendio de Recimil a pasada semana, no que faleceu un mozo de 19 anos,
A concentración foi antes do pleno no que o goberno local do popular Rey Varela rexeitou o groso da moción conxunta da oposición, na que se pedían responsabilidades política polo sucedido. Só cedeu na garantía da reincorporación do bombeiro ferido.
-Traballadores dos Centros Socioculturais do concello, concentráronse ás portas de Raxoi para reclamar os cartos que lles deben, unha xestión directa do servizo por parte do goberno local, e a dimisión do edil da área, Xan Duro
-Un home morreu a pasada tarde tras ser atropelado por un turismo en Santiago. O accidente tivo lugar na rúa Edison, en San Lázaro, contra as cinco e media. Os profesionais de Urxencias Sanitarias confirmaron o falecemento.
-A comunidade educativa quenta motores pras mobilizacións que van ter lugar mañá sábado en Santiago e na cidade herculina en protesta polas deficiencias no ensino público da provincia