Galicia Informativos Informativo A Coruña 8:45 - 26/02/2626/02/2026

Informativo A Coruña 8:45 - 26/02/26

Dúas persoas están hospitalizadas, por inhalación de fume, e oito foron realoxadas ó declararse un incendio, esta noite, nun edificio ocupado do barrio coruñés dos Mallos.

O lume declarouse nun edificio da rúa Pintor Germán Taibo, que estivo cortada durante os labores de extinción. Segundo o informe dos bombeiros, o incendio orixinouse no vestíbulo do portal e o fume estendeuse polas escaleiras e chegou ao ático.

Antes da chegada do servizo contraincendios a policía recomendoulles aos veciños que pechasen as portas e que permanecesen no interior das súas vivendas. Din os bombeiros que os que actuaron así non sufriron ningún dano nin tampouco nas súas vivendas. Agora investíganse as causas e non se descarta que o incendio fose intencionado.

Isto nun xoves no que outro incendio, neste caso mortal, -o da pasada semana en Ferrol-, centrará a sesión do pleno municipal desta tarde.

Os bombeiros concentraránse na Praza de Armas para pedir o cese do alcalde...e a a oposición presentará unha moción conxunta en apoio ós efectivos.

-En pouco máis de media hora, en Santiago, os traballadores dos Centro Socioculturais concéntranse cadrando tamén co pleno municipal, para pedir unha xestión directa temporal do servizo por parte do concello e esixir o pago de salarios pendentes.

-EN Cariño, segundo día de folga do persoal municipal pra reclamar a aprobación dunha nova Relación de Postos de Traballo, pendente desde hai 18 anos. Sen ela, non hai reposición nin convocatoria de prazas

-Maite Flores, unha das dúas candidatas á reitoría da USC, acusa á outra, Rosa Crujeiras, de "consentir" unha campaña de difamación contra Flores. Expresou tamén o seu desexo de que esta segunda volta, que arranca o venres, se centre no debate académico

Galicia Informativos
Más opciones