Galicia InformativosInformativo A Coruña 8:45 - 26/02/2426/02/2024
Noticias de Coruña en Radio 5 de Rtve
Bo día. A previsión das intensas choivas obrigan a activar o Plan Especial por Risco de inundacións dos rios Mera e Mandeo. o 112 recomenda extrema- las precaucións nas mares destes ríos ao seu paso por Ortigueira, Betanzos e Paderne. A plataforma Xustiza para Unai volve mobilizarse case dous anos despois da morte do mozo coruñés, falecido nun accidente laboral na refinería de Repsol.
A asociación Mar de Fábula e os veciños de Camelle esixen que non se deixe esmorecer a casa do coñecido como Man de Camelle. Péchase un capítulo na comarca de Ferrolterra. Esta fin de semana foi inaugurado o monumento ás vítimas do Franquismo no parque Antón Varela de Ferrol.