Galicia Informativos Informativo A Coruña 8:45 - 25/09/2525/09/2025

Un plan estratéxico pra dar pulo ao sistema aeroportuario de Galicia. É o que pide Raxoi e María Pita, preocupados polos recortes de Ryanair e a falta de sinerxias entre as terminais galegas. Dende o consistorio da Coruña mesmo falan de falta de sensibilidade por parte de AENA coas particularidades da nosa comunidade.

11 persoas detidos no Barbanza e no Salnés no marco da operación antidroga vencellada ao alixo de máis de 3.500 quilos de cocaína na Pobra do Caramiñal. Os efectivos realizaron 18 rexistros, a maioría na nosa provincia

O conselleiro de Educación advirte ás familias dos alumnos do colexio de Asados de Rianxo de que a fiscalía de menores vai intervir por privar aos nenos do dereito a asistir a clase. É a terceira semana de abstención voluntaria pra protestar pola falta de profesores de apoio.

Pleno hoxe en Compostela, na sesión aprobaráse o pago da débeda de tres millóns de euros ás concesionarias do autobús urbano gracias ao desbloqueo dos edís non adscritos.

Galicia Informativos
Más opciones