Galicia Informativos Informativo A Coruña 8:45 - 24/12/2524/12/2025

A Coruña terá un orzamento de 375,3 millóns de euros para o ano 2026. O goberno local do PSOE pecha un acordo político co BNG para aprobar unhas contas, cuxas principais partidas irán para o plan de barrios, o edificio de Xuxán e a Cidades das TIC.

-En Cambre a exalcaldesa María Pan, de Unión por Cambre, foi citada a declarar como investigada. Será dentro de dous meses, nun caso relacionado co pago de horas extra á policía local cando estaba á fronte da área de Ecomomia

-Santiago xa ten preparada unha nova solicitude para ser declarada zona residencial de mercado tensionado. Raxoi vén de anunciar que conta co documento corrixido, tal e como lle pedía a Xunta, e levarase á Mesa Sectorial o próximo 12 de xaneiro.

-Como cada 24 de decembro...Na Alameda compostelá a estas hora ultiman os preparativos dunha das citas máis solidarias do Nadal da capital galega: a Noiteboa da Asociación Paluso.

Galicia Informativos
Más opciones