Informativo A Coruña 8:45 - 24/03/25
Reanúdase a busca dun home que caeu ao mar na Coruña, en Punta Herminia este domingo. Os efectivos de salvamento non puideron localizalo, en parte, debido ás malas condicións do mnar...
Isto, nun luns...
(((PisAR)))
No que resoan aínda os ecos da multitudinaria manifestación contra Altri na Pobra do Caramiñal, que ateigou a vila de detractores desta macrocelulosa procedentes de toda Galicia.
-En Ferrol, os traballadores de Quirón Prevención, que presta servizos en Navantia, farán esta mañá o seu primeiro parón laboral. Esixen melloras nas súas condicións salariais.
- Betanzos homenaxeou este domingo a Dolores Vázquez, condenada inxustamente polo coñecido Caso Wanninkhof nos anos 90. O concello fíxolle entrega do premio Úrsula Meléndez de Texeda.
-Nos deportes, a ribeirense Ana Peleteiro bronce en triple salto no campionato do mundo en pista cuberta celebrado esta fin de semana na China