Informativo A Coruña 8:45 - 22/12/25
Comezamos pendentes do pase a disposición xudicial, previsto para as próximas horas, do mozo detido na Coruña este sábado por presuntamente acoitelar á sua compañeira de piso.
A rapaza faleceu horas despois da agresión, no CHUAC, pola gravidade das feridas.
-Día do sorteo da Lotaría de Nadal....A Coruña é a segunda provincia de Galicia, despois de Lugo, que máis cartos xoga nesta xornada: 89,77 euros de media por persoa.
-Arrancan as mobilizacións do sector da seguridade privada nos hospitais da provincia. Piden reforzar o persoal e incrementar as medidas de protección para evitar agresións como a da semana pasada ó vixilante do Hospital de Oza
-O persoal do concello de Cariño volve concentrarse este luns pra reclamar de forma urxente unha nova Relación de Postos de Traballo.