Informativo A Coruña 8:45 - 20/03/26
Moción conxunta de BNG e Compostela Aberta, socios de goberno en Santiago, para reclamar á Xunta a recuperación ambiental inmediata da canteira de Miramontes.
Levarán ó próximo pleno, así, o respaldo á plataforma veciñal afectada, que pide a retirada dos residuos do vertedoiro, logo da sentenza xudicial que condena á empresa por un delito contra o medio ambiente.
A Xunta defende que a xustiza non cuestiona a súa competencia.
- Accidente mortal en Neda. Un home de 54 anos perdeu a vida ó sufrir unha saída de vía na AC-115, que une Fene con Neda. Todo apunta a que o home sufriu unha indisposición, perdeu o control do vehículo, e colisinou con outro coche que estaba aparcado
- Días principais desta ponte festiva de San Xosé, e os grandes hoteis de Santiago están SÓ ao cincuenta por cento de ocupación, un dato que se eleva na cidade vella ata o oitenta.
-Culleredo solicita unha reunión técnica entre a Garda Civil e as policías locais deste concello, Oleiros e A Coruña antes do corte da avenida da Pasaxe