Galicia Informativos Informativo A Coruña 8:45 - 20/02/2620/02/2026

Informativo A Coruña 8:45 - 20/02/26

Frustración e enfado entre o corpo de bombeiros de Ferrol tralo incendio deste xoves nunha vivenda que se saldou con 4 feridos, tres deles de gravidade. Os profesionais denuncian a falta de persoal. Din que deberían ser 7 efectivos no parque e onte eran so 3. A policia segue a investigar as causas do incendio pero as primeiras hipóteses apuntan a que puido comezar nunha estufa.

- A confraria de Noia non vai inicia-la campaña de marisqueo o 2 de marzo como estaba previsto. As mostraxes deste xoves certificaron mortaldades de ata o 90 por cento.

- Os profesionais sanitarios do Barbanza volven concentrarse hoxe ante a falta de facultativos na área sanitaria. Serán a media mañá nos centros de saúde de Aguiño e a Pobra. As protestas únense a dos médicos a nivel estatal.

- Regresan a Galicia as estatuas de Carboeiro. Pezas románicas que foran roubadas polo franquismo. Tratase a segunda recuperación patrimonial máis importante despois da chegada das estatuas do Mestre Mateo o ano pasado

Galicia Informativos
Más opciones