Galicia Informativos Informativo A Coruña 8:45 - 19/06/2519/06/2025

Informativo A Coruña 8:45 - 19/06/25

A alcaldesa da Coruña acusa á Xunta de lavarse as mans e deixar nas mans dos concellos a regulación pra que operen empresas como Uber, de vehículos de transporte con conductor. A rexedora indicou que a compañía vai poder prestar o servizo ata que se aprobe de xeito definitivo a ordenanza municipal. Foron declaracións de Inés Rey tra-la xunta de goberno local onde se aprobou a licitación da obra do centro de saúde de Santa Lucía, na Falperra

- Santiago vai flexibilizar os requisitos pra dividir vivendas no casco vello. Coa nova modificación do plan especial búscase potenciar o comercio de proximidade.

- Penúltima xornada do xuízo polo asasinato de Elisa Abruñedo en 2013. vEste mércores os peritos policiais declararon que hai contradiccións na confesión dO autor confeso

- Sen acordo entre os traballadores de Guidoni Quartz e a empresa pra buscar unha solución ao ERTE anunciado pola dirección e que afectará ao total do cadro de persoal

Galicia Informativos
Más opciones