Galicia Informativos Informativo A Coruña 8:45 - 19/02/2619/02/2026

Informativo A Coruña 8:45 - 19/02/26

Seguimos pendentes na provinica do incendio urbano declarado esta madrugada en Ferrol, con varias persoas feridas, entre elas un bombeiro.

Lucía González, qué sabemos, bo día.

(LUCIA) Catro persoas tiveron que ser trasladadas a un centro hospitalario, segundo nos informa o 112 Galicia. O lume orixinouse nunha das vivendas do edificio, situado no número 7 da rúa Álvarez de Sotomayor, calcinando por completo unha das habitacións. O aviso recibírono os servizos de emerxencia contra as 05:42. Ata o lugar, desprazáronse efectivos de bombeiros, policía e sanitarios.

Arestora, o lume está controlado e estanse a levar a cabo tarefas de ventilación do inmoble. Descoñécense polo momento as causas do incendio.

-O Consello Galego de Relacións Laborais cita ós sindicatos a asistir a unha nova reunión mañá venres pra tratar de desbloquear o conflito do transporte por estrada da provincia da Coruña. Pase o que pase, a CIG convoca manifestación para este domingo en Santiago

- En 15 minutos, ás nove, concéntrase a comunidade educativa do CEIP Rosalía de Castro, na Coruña, pra denunciar o estado de abandono das instalacións...Nuns minutos imos ata alí.

-Hoxe estaremos pendentes da resolución do Tribunal Supremo da sentenza definitiva sobre o Pazo de Meirás. As entidades memorialistas confían en que se garanta a propiedade pública do inmoble e que se condene ós Franco a pagar unha indeminización por actuar de mala fe.

--------- CONTROL: SINTONÍA METEO ---------

Parece que este xoves pecha o grifo das borrascas por fin e hoxe veremos o sol

Galicia Informativos
Más opciones