Informativo A Coruña 8:45 - 18/11/24
O tribunal do xurado do crime de Samuel Luiz comeza hoxe a súa deliberación para determinar cal foi a participación de cada un dos cinco acusados na malleira que lle causou a morte ao mozo hai máis de tres anos.
-A Xunta vai modificar finalmente o tramo da senda ciclista entre Milladoiro e San Caetano que afecta ao banquete de Conxo. Faino trala apertura de dilixencias penais contra o proxecto
-Hoxe arranca unha folga de máis de dous meses no reparto de Correos da quenda de tarde en Teo. Os traballadores reclaman un contrato a tempo completo xustificado, dín, polo aumento da carga laboral.
-A asociación cultural Ferrolterra Antiga vén de solicitarlle formalmente ao Concello de Ferrol a restauración da Fonte Wallace