Galicia InformativosInformativo A Coruña 8:45 - 18/03/2518/03/2025
Informativo A Coruña 8:45 - 18/03/25
Cincocentos barcos sumaránse á protesta do sábado contra os proxectos de Altri e a Mina de Touro-O Pino, nunha manifestación na Pobra do Caramiñal que se prevé histórica, segundo os seus convocantes.
-Continúa a paralización parcial da planta de Sogarisa, nas Somozas, a raíz de varias intoxicacións leves entre a veciñanza da contorna. O BNG levará o asunto ao Parlamento.
-Os concellos recadarán 1,3 millóns en atrasos polo IBI da AP9. o Presidente da Deputación reuniuse en Bergondo con representantes dos 21 concellos da provincia polos que discorre a autoestrada.
-O goberno local de Santiago descarta que a saída dos edís socialistas expulsados se faga efectiva no pleno de marzo