Informativo A Coruña 8:45 - 16/06/25
A Policía Nacional investiga como violencia de xénero o crime rexistrado este domingo no barrio da Sagrada Familia, na Coruña. A vítima é unha muller de 49 anos. Xa denunciara antes ó seu presunto agresor e estaba no sistema Vioxén. El, de 61 anos, permanece detido.De confirmarse como asasinato por violencia de xénero, sería o primeiro do ano na provincia.
- Este luns está previsto que comece na Audiencia Provincial o xuízo pola morte e violación de Elisa Abruñedo, a veciña de Cabanas asasinada en 2013. Hai un único acusado, Roger Serafín Rodríguez, que confesou ser o autor dos feitos
- Comeza nas Pontes unha folga indefinida dos traballadores de EINSA PRINT en resposta ao Expediente de Regulación de Emprego anunciado pola empresa de artes gráficas.
- Malestar entre a veciñanza do coruñés concello de Cabanas pola talla de árbores nun areal próximo á coñecida praia da Madalena. Acusan ao concello de actuar sen informes medio ambientais e co obxectivo de facer un aparcadoiro pra cincocentos vehículos.