Informativo A Coruña 8:45 - 15/05/25
A Xunta mantén activo en Muros o nivel 2 do Plan contra a contaminación mariña por unha vertedura ocasionada polo incendio, e posterior afundimento, do pesqueiro 'Nueva Mariña'
-A residencia da Fundación Amancio Ortega na Coruña estará operativa antes de que remate o ano. Ubicada no barrio de Eirís, con 150 prazas, será de xestión externalizada.
-A Xunta e o concello de Ferrol reclaman a modernización do tren entre Ferrol e A Coruña pra rebaixar a viaxe ata os 45 minutos. Isto, no día en que se confirmaba a supresión da conexión directa de Ferrol con Madrid.
-Santiago lidera as sete grandes cidades galegas nas taxas de doazón de sangue.
A Provincia de A Coruña púxose á cabeza en 2024 con 43 doantes por cada mil habitantes