Informativo A Coruña 8:45 - 14/11/25
A guerra aberta entre os taxis e os VTCs evidenciouse este xoves na Coruña, cunha caravana dun cento de taxistas que se mobilizaron a título particular pra pedir máis presión contra as empresas coma Uber ou Cabify, que están a facer -din- competencia desleal ao desenvolver servizos urbanos. Algo que non permite a normativa autonómica.
- Os médicos de atención primaria da área sanitaria de Santiago e o Barbanza secundarán paros de 3 días a finais deste mes
- A UDC adhírese á declaración institucional do Foro Cidadán polo Ferrocarril pra pedir unha mellora do sistema ferroviario de Ferrol. Este xoves a plataforma mantivo novas xuntanzas con diferentes entidades
- O concello de Cambre promete aboar nos próximos días as produtividades pendentes nas nóminas do persoal municipal. Este xoves tivo lugar unha nova mobilización dos traballadores pra denunciar o colapso administrativo no que se atopa o municipio