Galicia Informativos Informativo A Coruña 8:45 - 13/04/2613/04/2026

Informativo A Coruña 8:45 - 13/04/26

Plataforma SOS Sanidade Publica chama á cidadanía a concentrarse hoxe en tódolos centros de saúde con motivo do día da Atención Primaria.

Insisten en que a Primaria vive un momento crítico...Na Coruña e Santiago as protestas son agora pola mañá, xa pola tarde serán en Ferrol e Ribeira.

-Concentración a estas horas do persoal municipal de Arteixo. Convocados pola CIG, protestan fronte ó concello contra a represión laboral e o deterioro dos servizos públicos.

-Unha nai de acollida da Coruña, inicia a estas horas unha folga de fame fronte á Delegación Provincial da Consellería de Educación na cidade herculina. Reclama unha escolarización axeitada pro seu fillo, de 15 anos e cun grao de dependencia severo.

- Hoxe arranca na Audiencia Provincial da Coruña o xuízo pola primitiva millonaria que un loteiro da cidade herculina afirmou atopar no seu despacho. A Fiscalía considérao responsable dun suposto delito de estafa ou apropiación indebida

Galicia Informativos
Más opciones