Bo día, o concello de Santiago pretende aprobar en febreiro un orzamento para o 2026 que ascende a 148 millóns de euros....dous máis ca o ano anterior.
8 de cada dez euros irán destinados ós servizos públicos da cidade. Unhas conta que xa está a negociar o goberno de Goretti Sanmartín cos socialistas e os non adscritos.
A provincia da Coruña vive hoxe a segunda xornada de folga da semanas nos autobuses, desta semana, coas comunicacións rotas entre patronal e sindicatos...Isto nun día con manifestación dos taxistas da cidade herculina contra os VTC que operan de xeito irregular.
O ministro de Industria, Jordi hereu, visitou este luns Navantia Ferrol, onde se amosou disposto a estudar a construción do dique cuberto que reclaman os traballadores do estaleiro público.
Nos Deportes, o Deportivo recibe esta noite en Riazor ó Atlético de Madrid, para desputar os oitavos de final da Copa do Rey. Unha eliminatoria que se decidirá a partido único.