Que tal...A primera das novas fragatas F-110 da Armada Española, a F-111 Bonifaz, xa flota desde este xoves en augas da ría de Ferrol.
Foi tras unha botadura exitosa nos estaleiros de Navantia cadrando coa pleamar.
Os traballadores aproveitaron pra pedir máis contratacións e a construción dun dique pra seguir con este bo ritmo.
En Santiago, o concello anuncia unha reforma fiscal: gravará con ata o 150 por cento o IBI das vivendas bleiras e modificará o cobro do lixo para adaptalo á normativa actual.
Na Coruña, PSOE e BNG acordan comezar coa negociación do orzamento municipal para o 2026...así o amosaron no pleno deste xoves
Continúan as protestas nos centros educativos polo recortes no novo curso...NUns minutos, ás nove e cuarto, a ANPA do CEIP Vila de Cee mobilizaráse en protesta pola falta de profesionais. A pasada tarde a concentración foi do CEIP Rodríguez Cadarso de Noia.