Galicia Informativos Informativo A Coruña 8:45 - 12/01/2612/01/2026

Informativo A Coruña 8:45 - 12/01/26

Continúan os cortes de tráfico na A-52, os tractoristas continúan co bloqueo nos carrís dirección Ourense en protesta polo acordo da Unión Europea con Mercosur. Unhas protestas que hoxe pasan ás cidades: organización de agricultores e gandeiros teñen convocados actos na Coruña e Lugo.

Todo tras unha fin de semana de interparlamentaria do PP en Galicia, na Coruña. Os populares, encabezados por Alberto Núñez Feijóo, rexeitan o que cualifican de chantaxes do independentismo a Pedro Sánchez a conta do financiamento autonómico. O BNG censura que Rueda non mire os intereses económicos de Galicia e siga todas as directrices do PP nacional na súa guerra contra o Goberno central.

De contado escoitamos todas as posturas, tamén do PSdeG que leva ó Parlamento galego a saturación sanitaria que veñen denunciando estas semanas os profesionais sanitarios..

Nos deportes, quenda para o Celta que esta noite visita o campo do Sevilla

Galicia Informativos
Más opciones