Informativo A Coruña 8:45 - 11/06/25
A Xunta e as tres Universidade estudarán conxuntamente descentralizar os estudos de Medicina para desactivar as demandas da Coruña, que segue reclamando unha facultade propia.
Tamén do ámbito universitario, hoxe haberá unha protesta diante do Parlamento para esixir á Xunta a continuidade do Máster en Matemáticas.
- Un novo movemento veciñal nace en Santiago baixo o slogan 'Salvar Peleteiro, salvar o ensanche'. Cren que derrubar o antigo colexio pra facer vivendas será unha ocasión perdida pra mudar o rumbo urbanístico da zona nova
-Defensa vén de dar luz verde á construción dun novo Buque de Aprovisionamento para a Armada. A construción realizarase no estaleiro de Navantia en Ferrol e suporá traballo pra catro anos
-Na Coruña, o BNG pedirá no Congreso a paralización da nova torre de control remota que desde Vigo poderá controlar voos doutros aeroportos, e que comeza a funcionar mañá xoves