Galicia Informativos Informativo A Coruña 8:45 - 11/03/2611/03/2026

Informativo A Coruña 8:45 - 11/03/26

A Universidade de SAntiago elixe este mércores á súa primeira reitora nos máis de cincocentos anos de historia. Tamén, Rosa Crujeiras ou Maite Flores converteránse na primeira muller en dirixir unha universidade pública en Galicia.

Máis de 28 mil persoas están chamadas a votar na segunda volta dunha eleccións marcadas pola polémica campaña. En 15 minutos abre a votación electrónica, na plataforma habilitada pola USC.

-Nove familias denuncian a paralización do servizo que permite que persoas protadoras de enfermidade poidan ter fillos sans mediente reprodución asistida no Hospital de Santiago. A Xunta admite atrasos pola falta de persoal.

-O concello de Santiago someterá a consideración os orzamentos municipais para 2026 o próximo 17 de marzo ante a Comisión de Fcenda. Raxoi agarda que PSOE e non adscritos apoien unha contas, que superan os 148 millóns de euros

-As manifestacións da CIG a pasada tarde puxeron o colofón ó Día da Clase Obreira galega, que este 10 de marzo volveu ter o seu epicentro en Ferrol. Alí mobilizouse tamén Comisións Obreiras e alí tivo lugar a tradicional ofrenda floral diante do monolito que lembra as mortes de Amador e Daniel polos disparos da policía franquista nunha protesta do naval en 1972

Galicia Informativos
Más opciones