Informativo A Coruña 8:45 - 11/02/26
Agárdase unha xornada complicada nos transportes da provincia. Logo de semanas de negociacións fallidas coa patronal, e a rotura sindical de por medio...Hoxe arranca a folga indefinida nos transportes de autobús da provinicia, convocada porla CIG...
Afecta tamén as liñas urbanas de Santiago, a estas horas, confirman desde o concello, non están saínda todos os servizos mínimos fixados por Raxoi.
Atentos tamén os usuarios do tren...porque está habendo cancelacións que afectan á provincia, nesta última xornada da folga en Renfe convocada por CGT.
-O Concello da Coruña asumirá o pago das nóminas e facturas que debe a concesionaria do programa Lecer. Así lle-lo vén de comunicar o Consistorio aos traballadores
- En 15 minutos as familias do colexio Wenceslao Fernández Florez, da Coruña, volven concentrarse ás portas do centro para demandar unha actuació integral do edificio. Levan meses mobilizándose porque chove dentro das aulas. De seguido imos ata alí.
-Os veciños da parroquia de Meirás, en Sada, presentaron alegacións contra a instalación dunha planta de almacenamento enerxético na zona