Informativo A Coruña 8:45 - 09/05/25
Un Garda Civil de Carballo, entre os detidos na operación antidroga que esta dirixindo precisamente o instituto armado na comarca de Bergantiños. Ao final son 7 as persoas que pasaron este xoves a disposición xudicial, cinco xa entraron en prisión. As outras dúas, entre as que estaría o axente, quedaron en liberdade provisional. A operación segue aberta e podería haber máis detencións.
-Santiago agarda poñer en marcha a taxa turística este verán. Tratarán de levar a súa ordenanza nun pleno a semana que ven.
- O Foro Coruña Marítima acolle esta mañá as propostas sobre o futuro uso dos terreos do porto interior. O grupo Defensa do Común tilda o acto de "farsa" e concentrarase ás portas do evento.
-Volve a estar operativo, case 40 días despois, o helicóptero do 061 con base en Santiago. O persoal médico denuncia que a falta deste servizo foi moi prexudicial para a provincia