Informativo A Coruña 8:45 - 08/09/25. Escuchar ahora
Xa está aquí a volta ao cole... Ao longo desta mañá preto de 200 mil alumnos de toda a provincia e de todalas categorías comezarán o novo curso, segundo a estimación da Xunta. Máis de 54 mil so na área metropolitana da Coruña, a pesar de que o número de matrículas na primaria se reduciu en máis de setecentas dende o ano pasado.
Hoxe acudimos á porta dun destes centros pra ver como afrontan familias e nenos esta volta a rutina.
Antes ampliamos, outros titulares da xornada con Antía Fernández
-----SINTO TITULARES----
- 114 alumnos do C.E.I.P Ana María Diéguez, na parroquia de Asados, en Rianxo, non acudirán ao colexio en protesta pola falta de profesores de educación especial e ante o exceso da rateo de alumnos en quinto de primaria.
- Os Universitarios da Coruña e Santiago, comezan tamén o curso. Moitos fano sen ter ainda un lugar onde acollerse. O prezo do alugueiro e a falta de oferta está a complicar o acceso a unha vivenda. Tamén empezan a esgotarse as prazas nas residencias.
- Os familiares das vítimas do franquismo en FErroleterra continuan loitando para que o muro onde se realizaban fusilametnos no Castelo de San FElipe poda abrirse ao público.
Por aquí espertamos cos ceos cubertos, os termómetros marcan 12 graos na Coruña e tamén en FErrol.
En canto o tráfico na cidade herculina, notase xa o incio das clases. A circulación é intensa en Alfonso Molina, Agrela,na Praza de Ourense e en MAto Grande.
DE once e media da mañá ás oito da tarde cortarase a calzada en San Andrés. E pola noite, dende ás dez, ás seis da mañá, realizaranse corte de carril en Linares Rivas.
En Ferrol o tráfico é fluido e sen incidencias
Como están as estradas e os ceos en Santiago, Xaime Barreiro