Galicia InformativosInformativo A Coruña 8:45 - 08/05/2508/05/2025
Informativo A Coruña 8:45 - 08/05/25
Mila Castro, Mercedes Rosón, Marta Álvarez e Gonzalo Muíños, os catro edís expulsados do PSOE compostelán, pasarán ao grupo de non adscritos do concello de Santiago nun pleno que se celebrará previsiblemente a semana que ven. O secretario municipal presentou o seu informe a última hora da pasada tarde.
- Aparece o corpo dun varón dentro dun colector de papel na Coruña. É o segundo caso rexistrado nos últimos meses.
- O persoal das empresas auxiliares de INditex está en folga. Son unhas 300 persoas que piden unha mellora das condicións salariais.
-A Xunta de Goberno Local da Coruña aproba o convenio que establece cómo se vai financiar o concurso do proxecto da Fachada Marítima