Galicia Informativos Informativo A Coruña 8:45 - 08/01/2608/01/2026

Informativo A Coruña 8:45 - 08/01/26

O 8 de xaneiro de 2020 o mozo coruñés Diego bello foi asasinado en Filipinais por tres policías locais. Os axentes contaron que se trataba dunha operación contra o narcotráfico, versión que non tardou en desmentirse.

Hoxe cúmprense seis anos, e a familia de Diego acaba de chegar a Manila, para declarar a próxima semana nun xuízo que está durando demasiado tempo.

-O persoal do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña alerta dun “colapso grave e continuado” no servizo de Urxencias, que aseguran se arrastra dende os primeiros días do ano e vai a máis.

-Hoxe retómase a folga dos traballadores das escolas deportivas municipais da Coruña. Pese a que o Concello puxo fin ó contrato da actual adxudicataria, o persoal non ve indicios de mellora na súa situación laboral.

- As obras de ampliación da vía de alta capacidade da Costa da Morte comezarán en xullo. As empresas poden presentar ofertas para construír o treito entre Vimianzo e Camariñas, que contan cun presuposto de case 37 millóns de euros

Galicia Informativos
Más opciones