Galicia Informativos Informativo A Coruña 8:45 - 07/07/2107/07/2021

Detidos 3 mozos, de entre 20 e 25 anos, como presuntos autores da morte de SAMUEL LUIZ MUÑIZ.

Son DOUS homes e unha muller. Os tres son veciños da Coruña.

Samuel Luiz, de 24 anos, faleceu, na madrugada do sábado, como consecuencia dunha malleira en plena rúa, a carón da praia de Riazor da capital coruñesa.

A investigación policial segue aberta e non se descartan novas detencións.

O concello de Carnota abandona o sábado o nivel alto de restricións anticovid. Culleredo empeora e sobe ó nivel medio.

A Universidade da Coruña crea un arrecife verde no campus de Ferrol.O primeiro dos arrecifes instalarase na ría de Ares/Betanzos.

A Anpa do colexio de infantil e primaria de Palmeira denuncia a supresión de tres aulas de infantil e a perda de dous docentes

Galicia Informativos
Más opciones