Galicia Informativos Informativo A Coruña 8:45 - 07/05/2507/05/2025

Informativo A Coruña 8:45 - 07/05/25

38 son os concellos polos que discorre a autoestrada do atlántico. 14 deles asistiron este martes á reunión convocada en Abegondo para constituir a Asociación de Concellos Galegos Afectados pola AP-9. A presidencia da entidade, por certo, recaerá precisamente no municipio anfitrión. Unha vez rematada a exención do 95 por cento do IBI que tiña a concesionaria, solicitan o pagamento dos meses pendentes e unha actualización do valor catastral.

- Remata o peche que a CIG estaba a levar a cabo na empresa que executa as obras do acceso ferroviario ó porto exterior da Coruña. Protestaban pola agresión racista dun encargado que agora vai ser apartado.

- Este mércores vence o prazo para que o secretario xeral do consistorio determine se os 4 concelleiros expulsados do PSOE compostelán pasan ao grupo de non adscritos.

- Hoxe poderían pasar a disposición xudicial os 6 detidos na operación antidroga levada a cabo este martes en Carballo e A Laracha. A causa está baixo segredo de sumario

Galicia Informativos
Más opciones