Galicia Informativos Informativo A Coruña 8:45 - 07/01/2607/01/2026

Informativo A Coruña 8:45 - 07/01/26

Un incendio urbano en Ferrol, nas últimas horas, deixa en evidencia de novo a falta de bombeiros na cidade.

Este martes, día de Reis, houbo cinco axentes de garda, só tres dispoñibles para acudir a emerxencias. Houbo que solicitar o apoio de Narón. O edificio, na rúa Pardo Baixo, tivo que ser evacuado pero non houbo feridos.

Os bombeiros néganse a facer horas extra para presionar ó concello ferrolán polo deterioro do servizo.

-Neste primeiro día de rebaixas...nova xornada de folga en todo o gran comercio téxtil da provincia da Coruña. Unhas 2.500 dependentas dos grupos Inditex, Mango ou Calzedonia, denuncian que o convenio estatal suporía perdas salariais de ata 3.000 euros anuais

-Hoxe miramos tamén cara Indonesia, onde se celebra a segunda sesión do xuízo pola morte da ferrolá Matilde Muñoz, asasinada presuntamente na illa de Lombok hai medio ano.

-A lotería do Neno deixou un par de beliscos na provincia...As localidades coruñesas de Zas e As Pontes foron agraciadas co primeiro premio, o número 6703

Galicia Informativos
Más opciones